ZTC (Zona Temporalmente Controlada) é un proxecto sobre a videovixilancia coma dispositivo de control e coma forma de comunicación expandida. Cartografía da videovixilancia no centro histórico de Compostela Advertisements

Esta mesma mañá dende #stopcaciques quixemos achegarnos ata o emblemático Mercado de Abastos de Santiago de Compostela onde os gandeiros, estaban repartindo leite gratuitamente. Os produtores galegos de leite fresco “A Portela” explicáronnos toda a problemática e os motivos que os levan a esta desesperada determinación de regalar o leite antes de ter que tirar […]

Infografía coa relación de nomes de políticos que forman parte dos consellos de administración de empresas privadas.

Engadimos un novo vídeo a maiores do que xa puidemos ver en: https://stopcaciques.wordpress.com/2012/10/21/eleccions-galegas-2012-outra-nova-victoria-da-manipulacion-electoral/ No vídeo pódese apreciar como as monxas e axudantes do asilo de Cambados levan aos anciáns a votar. Prestade unha especial atención sobre quen leva as papeletas.

O día 15 de outubro 2012, dende #stopcaciques, impulsamos unha iniciativa có ánimo de animar a toda a cidadanía galega a denunciar todo tipo de prácticas fraudulentas nas Eleccións Autonómicas Galegas deste ano 2012. Especialmente queriamos centrar o noso foco de atención nos “carrexos” ou “carretaxes”. Unha vez máis o gran vencedor nestas eleccións foi a desvergoña […]

Dende #stopcaciques e con motivo das vindeiras Eleccións Galegas o 21 de Outubro de 2012, decidimos unir as nosas forzas para crear unha acción cidadá e conxunta co obxectivo de combater diferentes prácticas que se veñen producindo dende fai xa demasiado tempo: carrexos de anciáns, presión na libre elección do voto, coacción, etc. Na presente campaña queremos prestar unha atención […]