21-O Eleccións galegas: Unha acción cidadá contra prácticas electorais fraudulentas

Dende #stopcaciques e con motivo das vindeiras Eleccións Galegas o 21 de Outubro de 2012, decidimos unir as nosas forzas para crear unha acción cidadá e conxunta co obxectivo de combater diferentes prácticas que se veñen producindo dende fai xa demasiado tempo: carrexos de anciáns, presión na libre elección do voto, coacción, etc.
Na presente campaña queremos prestar unha atención especial aos denominados “Carretaxes” ou “Carrexos”.
Xusto dende o día anterior ao día das votacións, a chamada “xornada de reflexión”, algúns partidos políticos despregan un estratéxico dispositivo para asegurarse de que todas as persoas de avanzada idade, principalmente ás que viven en pequenas aldeas de Galicia, poidan achegarse ata os concellos nos que lles corresponde emitir o seu voto. Deste xeito, os poderes políticos locais exercen unha gran presión sobre as persoas anciás, “convidándoos” ata a subirse ao seu coche particular para achegarse a votar. Afiliados do partido e representantes políticos locais do partido como son os “Pedanios”, traballan a reo e con especial afán o propio día das eleccións para facer chegar o voto que semanas antes se encargaron de distribuír con eficaz dilixencia casa por casa. Unha vez no coche ou no vehículo en cuestión (chegáronse a dispor de autobuses) pregúntase aos anciáns se portan o seu voto, chegando a presionarlles de tal modo en moitas ocasións ata que chegan a mostrar o contido do sobre para asegurarse de que se trata do voto do seu partido e non se “confundiron”.
A acción que queremos promover require a axuda, coordinación e participación de todos para denunciar e loitar contra este tipo de prácticas que habitualmente exerce un partido político concreto. Información:
Prensa:
Vídeos:
____________________________________________________________________________________________________
Que, Onde e Como facer o 21O
Que podo facer eu?
  • Grava, fotografía. Presta especial atención aos coches que van e veñen e tamén aos autobuses se os ves .
  • Entrevista, fai algunha pregunta para despexar dúbidas se o consideras oportuno.
  • Non teñas medo, a lei protéxenos.
Onde acontece?
  • Eleccións Galegas 2012. Mellor diríxete ás aldeas e concellos pequenos galegos. Se es da provincia de Ourense ou podes desprazarte ese día ata alí… parabéns, compañeiro, estás de sorte!, este tipo de prácticas son significativamente máis relevantes e numerosas nesta provincia.
  • Se é posible coordínate con outras persoas e prestade especial atención aos movementos de vehículos e ás persoas que os conducen:
  1. Na saída dun mesmo vehículo e/ou persoa, en reiteradas ocasións desde as aldeas e en dirección aos colexios electorais que se atopan normalmente na localidade que achega o nome ao concello.
  2. Na chegada dun mesmo vehículo e/ou persoa, en numerosas ocasións descargando persoas nas inmediacións das mesas electorais.
  • Se sodes varios contaredes coa vantaxe de poder estar cada un nun punto diferente e informarvos uns a outros sobre cal é o vehículo que se está encargando do “Carrexo” ou calquera outra información que consideredes de relevancia.
Como compartilo?
  • Só tés que ter unha cámara de vídeo, cámara de fotos, ou unha gravadora de audio. Un teléfono móbil é máis que suficiente e normalmente dispón de todas estas funcións.
  • Unha vez teñas o material compárteo connosco:
  1. Envíanos os teus vídeos, fotos ou audios ao noso correo: stopcaciques@gmail.com
  2. Ou a través de twitter empregando o hastag: #stopcaciques

12 comentarios

  1. Elecciones Gallegas: Una acción ciudadana contra prácticas electorales fraudulentas [GAL]
    http://www.meneame.net/story/elecciones-gallegas-accion-ciudadana-contra-practicas-gal stopcaciques.wordpress.com/2012/10/15/21o-eleccions-galeg…  por radio0 hace […]

  2. alucino, eu xa sei que isto se fai, faino o pp concretamente, o pp que non sinalades como culpable si non que vertedes a sombra da dubida sobre todos os politicos, cando a esquerda galega e exemplo de honestidade, iso de culpabilizar os politicos en xeral tamen o fai o fascismo como upyd, jose antonio primo de rivera, a falange, franco, etc aqui cheira a merda e sodes vos que apestariades mais que o pp si fora posible.

    1. Pois se o fai só o PP, não sei que é o que andas a temer..
      Colabora e daquela conseguirás duas cousas:

      -deixar com o cu ao leu aos do PP
      – certificar as boas práticas dos partidos das esquerdas galegas

      (mira que lhe dá à gente por procurar problemas e conflitos onde não os há ..!)

  3. […] Organicémonos na rede para denunciar irregularidades nas eleccións do 21O stopcaciques.wordpress.com/2012/10/15/21o-eleccions-galegas-…  por chamalleparvo hai 3 segundos […]
    http://chuza.gl/story/organicemonos-na-rede-para-denunciar-irregularidades-nas-do-21o

  4. seria interesante abrir uma base de dados com aqueles concelhos nos que se saiba que vai haver carretadores, outra com gente disposta a colaborar e alguem que coordine os @s voluntarios para optimizar os recursos humanos em contacto continuo para concentrarse ala onde poidam surgir problemas.Haveria que publicitar a iniciativa, la region de ourense poderia colaborar.

    1. A iniciativa está pensada para que se xunten persoas interesadas en colaborar e denunciar estos lamentables acontecementos.
      En canto aos lugares, hai que saber que an calquera aldea ou concello pequeno hai moitas probabilidades de que suceda. Máis se falamos da provincia de Ourense.
      É difícil coordinar á xente a través do blog, pero quen queira deixar un comentario mencionando a dispoñibilidade dun vehículo para desplazarse, e a zona pode facelo. Deste xeito tódolos interesados que desexen unirse á iniciativa poden apuntarse.
      Se non podedes escribir nos comentarios por non ser usuarios de wordpress, tamén podedes escribir á dirección stopcaciques@gmail.com con toda a info que desexedes para posteriormente ser publicada no post.

  5. Podiam comprovar ainda outros elementos bem fáceis de serem manipulados como:

    – existência e correta disposição e visibilidade dos boletins de voto de todos os partidos nos colégios eleitorais

    – garantia de as instalações permetem que o voto se fai, com efeito, de modo secreto

  6. Si, moi ben, denunciámolo con fotos… e que? Ten algunha repercusión legal? Poden porlles unha multa? “Abortar” a operación? A lei, máis ben, protéxeos a eles.

    1. Também é certo o que aponta o Jorge.

      Porém, se se fam as comprovações que sugerim eu (existência e visibilidade dos boletins de voto de todos os partidos, garantia de as instalações permeterem o voto secreto, …) e se pudesse de demonstrar que não se cumprem, isso sim constituiria um delito eleitoral e se poderia apresentar recurso.

  7. Tamen tendes que ter en conta, que moita xente do pobo ten medo os PP Hooligans, e que moitos outros non lles teñen medo, pero despois hai que andar as ostias….porque todos sabemos que son uns fillos de puta e despois toman tódalas represalias posibles, e porque non hai campos de exterminio que se non….O que me refiro con isto, é que moita xente de aldea que o quere facer, non o vai a facer “na sua aldea”….

  8. …Non sabedes vós as obras de arte que se poden facer cando un ten a man boa ferramenta. http://4.bp.blogspot.com/-gQRT2cY4SU4/TfOH3YA1J4I/AAAAAAAAAB4/38y75tdjMu8/s1600/punz%25C3%25B3n.jpg

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: