O día 15 de outubro 2012, dende #stopcaciques, impulsamos unha iniciativa có ánimo de animar a toda a cidadanía galega a denunciar todo tipo de prácticas fraudulentas nas Eleccións Autonómicas Galegas deste ano 2012. Especialmente queriamos centrar o noso foco de atención nos “carrexos” ou “carretaxes”.
Unha vez máis o gran vencedor nestas eleccións foi a desvergoña e as actitudes caciquiis levadas a cabo con absoluta desvergoña e irreverencia. A continuación achegamos a información recompilada no día de hoxe:
Dúas denuncias nas que informa de que o Partido Popular trasladou en autobús a discapacitados e membros da Igrexa no barrio ourensán de Rairo e a anciáns o municipio de Ramirás para que acudisen a votar.
|
A denuncia xa foi debidamente formalizada. Máis información
|
Denuncia ante a xunta electoral de Ourense por un suposto carrexo de anciáns dun asilo do Carballiño a unha mesa electoral situada nesta localidade ourensá, que perpetraría unha monxa.
|
Dende aquí, seguímosvos animando para que compartades connosco toda a información da que dispoñades e que nos axudedes a denunciar e a dicir alto e claro #stopcaciques.
[…] ← Eleccións Galegas 2012: Outra nova victoria das prácticas electorais fraudulentas […]